Benvidos á web do Mestrado Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental pola Universidade de Vigo.
O Mestrado en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental pretende proporcionar a base para a formación de investigadores que desenvolvan a súa actividade de I+D+i dende o correcto manexo e conservación dos recursos naturais e o medio ambiente (fonte das materias primas) ata os últimos avances en procesado ou biotecnoloxía, pasando pola calidade e a seguridade alimentaria, garantindo unha formación integral e multidisciplinar que permita ao estudantado egresado desenvolver e implementar novas tecnoloxías no sector agroalimentario, así como o desenvolvemento de novos produtos e/ou a valorización dos que actualmente existen no mercado.