Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Acceso á profesión de avogado


A Lei 34/2006, de 30 de outubro, sobre acceso ás profesións de Avogado e Procurador dos Tribunais regula o réxime de acceso á profesión de avogado en España. Esta lei foi desenvolvida polo Real Decreto 775/2011, de 3 de xuño, polo que se aproba o regulamento da mesma. Este regulamento prevé os requisitos para obter o título profesional de avogado, os elementos esenciais da formación especializada, así como o periodo de prácticas externas que deben superar os aspirantes a exercer de avogado e a acreditación da capacitación profesional a través dunha avaliación final.

O artigo 7 da Lei 34/2006, de 31 de outubro, configura a avaliación da aptitude profesional como a culminación do “proceso de capacitación profesional” e “ten por obxecto acreditar, de xeito obxectivo, a formación práctica suficiente para o exercicio da profesión de avogado ou da profesión de procurador, así como o coñecemento das respectivas normas deontolóxicas e profesionais”.

Para máis información sobre esta avaliación da aptitude profesional para o exercicio da profesión de avogado véxase a Guía práctica informativa (2015).


Convocatoria 2017


Data de realización: sábado, 25 de febreiro de 2017

Lugar de realización:
Axencia Galega de Seguridade Pública. Avenida da Cultura, s/n, 36.680 - A Estrada (Pontevedra).

Hora do exame
Hora do exame e chamamentos
Realizarase un único chamamento e serán excluidos os que non comparezan ou non o fagan provistos de DNI (ou outro documento identificativo).

Aulas de exame:
Distribución de aulas

Instrucións para a realización do test
Nota informativa sobre a proba
Lista definitiva de admitidos e excluídos

Incidencias e comunicacións: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. | 91 390 21 78

Calendario

Xuño 2019
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Matrícula 2018-2019