Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Criterios de Admisión

Criterios de admisión


Según o establecido no art. 4.3 do Regulamento de estudos oficiais de posgrao da Universidade de Vigo, aprobado polo Consello de Goberno o 14 de marzo de 2007 e modificado polo Consello de Goberno o 16 de abril de 2010, o 8 de febreiro de 2012 e o 18 de decembro de 2012, a selección do alumnado corresponde á Comisión Académica do Mestrado.

Non se establecen probas específicas ou condicións especiais de acceso. Dado o carácter multidisciplinar que caracteriza ás actividades de I+D+i no ámbito agroalimentario e ambiental, terán acceso ao mestrado graduados/as, diplomados/as, licenciados/as e enxeñeiros/as que reúnan as condicións establecidas no RD 1393/2007. O criterio preferente de valoración de acceso, no caso de que o número de solicitudes supere ao número de prazas ofertadas, sería:

  • Nota media do expediente académico dos solicitantes dividida pola media ponderada da titulación.
  • No caso de igualdade de puntos do apartado anterior, adecuación da titulación que da acceso. Entre as titulacións preferentes podemos destacar a graduados/as, diplomados/as, licenciados/as e enxeñeiros/as dos ámbitos científico (Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos, Ciencias Ambientais, Química, Bioloxía e Ciencias do Mar), tecnolóxico (Enxeñaría Agraria, Química e Industrial) e de ciencias da saúde (Nutrición humana e dietética, Farmacia, Veterinaria e Medicina, entre as máis habituais).
  • Si fora necesario a Comisión Académica do Mestrado realizará entrevistas persoais.

Ademais de cumprir os requisitos necesarios para a súa admisión, valorarase positivamente que os nosos alumnos cumplan as seguintes competencias transversais:

  • Capacidade de aprendizaxe.
  • Capacidade de adaptación aos cambios.
  • Actitude positiva.
  • Capacidade de asumir responsabilidades.
  • Capacidade de comunicación oral e escrita.
  • Capacidade de planificación, coordinación e organización.
  • Capacidade de resolución de conflitos e problemas.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Capacidade de análise.
  • Capacidade de traballo independente.

Procedemento de Admisión


Con carácter previo, realizaráse unha preinscrición no prazo establecido para os Mestrados con carácter oficial. Ésta realizaráse mediante a presentación aos órganos administrativos correspondentes dun formulario de preinscrición, acompañado da documentación necesaria, que posteriormente será enviada á Comisión Académica do Mestrado para a súa valoración.

ENLACE SECCIÓN PREINSCRICIÓN NA WEB DE UVIGO

Unha vez finalizado o período de preinscrición, publicaránse nesta páxina web, ademáis de nos taboleiros de anuncios do centro e por calquera outro medio que estipule a Universidade de Vigo, as listas provisionais de estudantes “preinscritos” e “os preinscritos con subsanación”. Estos últimos disporán de varios días hábiles para aportar a documentación que lles falta e pasar a preinscritos provisionais.

Unha vez publicadas as listas definitivas de estudantes “preinscritos” levaráse a cabo o proceso de selección, se procede.

A Comisión Académica do Mestrado seleccionará entre os alumnos solicitantes, en base aos sistemas de admisión e criterios de valoración, que en calquera caso se basearán sempre nos principios de mérito e capacidade.