Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Política e Obxectivos de Calidade


A política de calidade da Facultade de Ciencias deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, polo cal a considera un factor estratéxico para acadar que as competencias, habilidades e aptitudes das súas egresadas e egresados sexan recoñecidas nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran.

O Decanato da Facultade dirixe os seus esforzos cara á plena consecución da satisfacción das necesidades e expectativas razoables, de todos os seus clientes e usuarios, tanto internos como externos. Comprométese a empregar todos os recursos técnicos, económicos e humanos á súa disposición; sempre dentro do estrito cumprimento dos requisitos legais aplicables, tanto a nivel autonómico como estatal e europeo.

Así, establécense as seguintes directrices xerais para a consecución dos Obxectivos de Calidade e que constitúen a nosa Política de Calidade:

  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, necesidades e expectativas da sociedade, para consolidar altos niveis de calidade nas súas titulacións, sen renunciar aos fundamentos académicos da universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento do espíritu crítico, da capacidade de análise e de reflexión.
  • Acadar o recoñecemento a nivel nacional e internacional da calidade docente a través da consecución das metas asociadas a indicadores académicos con especiais relevancias aquelas que se relacionan coa satisfacción dos grupos de interese.
  • Proporcionar a formación continua adecuada a todos os nosos empregados, segundo as súas respectivas actividades, e facilitar os coñecementos necesarios para que poidan desenvolver a súa actividade enfocada á satisfacción das necesidades dos nosos usuarios.
  • Asegurar a implantación, desenvolvemento e seguimento tanto do Sistema de Garantía de Calidade (SGIC) coma de todos os procesos vencellados coa calidade que afectan ao centro e ás súas titulacións.
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia do coñecemento con perspectiva de xénero para remover os obstáculos que impiden unha igualdade real entre as mulleres e os homes.
  • Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación continua en materia de calidade do persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos e do alumnado, fomentando a eficacia e continuidade dos sistemas e procesos vinculados.

Procesos
Proced.
Obxectivos Indicadores Meta curso 2017-2018
AC
AC-0104 P1
AC-0201 P1
AC-0401 P1
DO
DO-0202 P1
Adaptar a oferta formativa á demanda sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade.
Adaptar o perfil de ingreso do alumnado ao perfil requirido.
Captar un volume de estudantado axustado á oferta de prazas.
Difundir a oferta formativa.
Evolución do estudantado matriculado en cada curso académico 100%
Ocupación da titulación 100%
Preferencia 85%
Adecuación 85%
Nota mínima de acceso do estudantado ao título 6.7
DO
DO-0201 P1
Mellorar os resultados académicos das titulacións. Duración media dos estudios 5
Taxa de rendemento > 66%
Taxa de abandono < 18%
Taxa de eficiencia > 94.5%
Taxa de graduación > 60%
Taxa de éxito > 77%
Xestionar de forma efectiva os programas formativos. Seguimento das titulacións 100%
Acreditación da titulacións 100%
PE
PE-01 P1
PE-02 P1
Mellorar a cualificación do PDI e do PAS. Cualificación do PDI -
Resultados de investigación de carácter académico -
% de PAS en programas de formación -
MC
MC-05 P1
Mellorar a satisfacción dos grupos de interese. Grao de satisfacción das persoas tituladas > 3.5 sobre 5
Grao de satisfacción das empresas empregadoras > 3 sobre 5
Grao de satisfacción do profesorado > 3.5 sobre 5
Grao de satisfacción do alumnado > 3 sobre 5
DE
DE-02 P1
Certificación da implantación do SGC do centro. Certificación da implantación de sistemas de calidade 2017/2018