O Traballo Fin de Máster consiste nun traballo de investigación vinculado á práctica profesional, orixinal e inédito.
Ao longo do curso os alumnos deben realizar un traballo de laboratorio co grupo de investigación que elixan. Logo de realizar nun laboratorio o Traballo Fin Máster, os alumnos deben proceder á súa “Redacción-Titoría” de forma coordinada cos seus titores (como máximo 2 titores dos cales 1 debe ser profesor do Máster).
Seguindo as recomendacións marcadas pola Comisión Académica do Máster débese elaborar:
Un documento en formato artigo de investigación (25-30 paxínas) co seguinte modelo de: Portada -que debe incluír o nome do Máster, da Universidade, título do TFM, o nome do alumno e o nome do director ou do titor-, Resumo, Introdución, Material e Métodos, Resultados-Discusión, Conclusións e Bibliografía.
Unha presentación en PowerPoint (máximo de 10 diapositivas) para a presentación de dito traballo ante o tribunal que o avalíe.
A Folla de calificación do Titor.
Traballo Fin de Máster – Curso 2019/2020
Regulamento do TFM
Formularios do TFM
Tribunais
- Tribunal evaluador do TFM
Calendario defensa do TFM
Convocatoria | Defensa | Acta TFM |
---|---|---|
Do 3 ao 5 de febreiro de 2020 | 21/02/2020 | Do 21 ao 28 de febreiro de 2020 |
Do 8 ao 10 de xuño de 2020 | 18/06/2020 | Do 18 ao 26 de xuño de 2020 |
Do 15 ao 17 xullo de 2020 | 21/07/2020 | Do 21 de xullo ao 21 de setembro de 2020 |
Do 7 ao 9 setembro de 2020 | 16/09/2020 | Do 16 ao 21 de setembro de 2020 |