As competencias do Mestrado en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental veñen determinadas e deseñadas a partir da normativa xeral estatal (fundamentalmente, o Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais e o Real Decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto anterior.
Compentecias básicas
- CB1: Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- CB2: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- CB3: Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- CB4: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- CB5: Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Compentecias xerais
- CG1: Que os estudantes sexan capaces de desenvolver habilidades de análise, síntese e xestión da información para contribuír á organización e planificación de actividades de investigación no sector agroalimentario e do medio ambiente.
- CG2: Que os estudantes sexan capaces de adquirir e aplicar habilidades e destrezas de traballo en equipo, sexan ou non de carácter multidisciplinar, en contextos tanto nacionais como internacionais, recoñecendo a diversidade de puntos de vista, así como o pouso das distintas escolas ou formas de facer.
- CG3: Que os estudantes sexan capaces de desenvolver habilidades persoais de razoamento crítico e construtivo para mellorar o funcionamento dos proxectos de investigación nos que intervén.
- CG4: Que os estudantes sexan capaces de adaptarse a novas situacións, con grandes doses de creatividade e ideas para asumir o liderado de investigadores.
- CG5: Que os estudantes sexan capaces de desenvolver iniciativas e espírito emprendedor con especial preocupación pola calidade de vida.
- CG6: Que os estudantes sexan capaces de entender a proxección social da ciencia.
Compentecias específicas
- CE1 - Adquirir coñecementos avanzados sobre deseño experimental e de estatística de utilidade no desenvolvemento de proxectos de investigación.
- CE2 - Profundar no coñecemento das técnicas de obtención, rexistro, procesado, validación e análise de datos de campo e laboratorio e aplicalas na I+D+i nos campos ambiental e agroalimentario.
- CE3 - Manexar programas informáticos para o procesado e análise espacial cuantitativa e aplicar ditas técnicas a diversas áreas da investigación nos campos ambiental e agroalimentario.
- CE4 - Coñecer e integrar todos os aspectos relacionados coa normalización e lexislación no ámbito dos sistemas de calidade ambiental, agrícola e alimentaria, de modo que os poida aplicar dentro de actividades de I+D+i, prestando especial atención á seguridade e trazabilidad ("farm to fork").
- CE5 - Coñecer e comprender os procesos tecnolóxicos de produción, transformación e conservación de alimentos, con especial atención á I+D+i de novas tecnoloxías respectuosas coa calidade dos alimentos e o medio ambiente.
- CE6 - Coñecer e comprender a xestión ambiental dos procesos das industrias agrarias e alimentarias, co fin de poder desenvolver I+D+i relacionada cos residuos (detección, procesado, eliminación e/ou valorización) e ser capaz de transferir ao sector produtivo os avances en investigación en redución de impactos das actividades agroalimentarias.
- CE7 - Desenvolver investigacións no campo da xestión global da cadea agroalimentaria e do medio natural mediante a aplicación de tecnoloxías medioambientalmente sustentables.
- CE8 - Capacidade para desenvolver investigacións no campo da xestión integral eficaz de riscos alimentarios, en particular orientadas ao desenvolvemento de novos sistemas de detección e alerta temperá de crise de carácter agroalimentario.
- CE9 - Capacidade para investigar e desenvolver novos procesos de fabricación e conservación de alimentos.
- CE10 - Capacidade para investigar, deseñar e desenvolver novas técnicas de extracción, concentración, purificación e análise de compoñentes naturais, engadidos ou contaminantes nos alimentos e os ecosistemas.
- CE11 - Comprender o funcionamento e diversidade dos ecosistemas a distintos niveis e as adaptacións aos ambientes no que viven.
- CE12 - Realizar estudos para coñecer os principais efectos do cambio climático sobre os recursos naturais empregados na industria agroalimentaria.
Compentecias transversais
- CT1 - Capacidade de análise, organización e planificación.
- CT2 - Liderado, iniciativa e espírito emprendedor.
- CT3 - Comunicación oral e escrita na lingua nativa e estranxeira.
- CT4 - Capacidade de aprendizaxe autónoma e xestión da información.
- CT5 - Capacidade de resolución de problemas e toma de decisións.
- CT6 - Capacidade de comunicación interpersoal.
- CT7 - Adaptación a novas situacións con creatividade e innovación.
- CT8 - Capacidade de razoamento crítico e autocrítico.
- CT9 - Traballo en equipo de carácter interdisciplinar.
- CT10 - Tratamento de conflitos e negociación.
- CT11 - Motivación pola calidade con sensibilidade cara a temas ambientais.