Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Coordinación

Comisión Académica


De acordo coas directrices propias da Universidade de Vigo sobre a estrutura e organización académica dos plans de estudo de Mestrado, e o Regulamento de Réxime Interno da Facultade de Ciencias, a Comisión Académica do Mestrado en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental está composta por:

  • Presidente e coordinador do Mestrado: Francisco Javier Rodríguez Rajo.
  • Secretario: Juan Carlos Mejuto Fernández.
  • Sidonia Martínez Suárez.
  • Herminia Domínguez González.
  • Mª Luisa Andrade Couce.
  • Jesús Simal Gándara.
  • Manuel Arias Estévez.

As funcións da Comisión Académica son as seguintes:

  • Establecer as canles axeitadas para promover e facilitar a participación nos procesos de todos os membros da Facultade.
  • Emitir documentos de traballo referidos á totalidade ou a unha parte do novo plan para a súa avaliación pola comunidade da Facultade.
  • Coordinar os procesos de docencia do Mestrado.
  • Avaliar convalidacións tanto de materias coma de estudos.

Mecanismos de coordinación docente


Os labores de coordinación horizontal e vertical serán realizadas polo coordinador do Mestrado, pola Comisión Académica do Mestrado e polos coordinadores de cada materia (estas figuras son nomeadas anualmente pola Comisión Académica).

O coordinador do Mestrado e a Comisión Académica encárganse de que non haxa solapamentos entre as materias. O coordinador de materia encárgase da organización secuencial do contido da materia e de organizar as actividades docentes en conexión con todos os profesores que participan nela. Para iso reúnese cos profesores de cada materia para decidir como se vai a impartir, solicitar o material necesario, recompilar os traballos a realizar durante a avaliación continua e as preguntas para o exame final. Unha vez finalizada a materia, o coordinador informa ao coordinador do Mestrado e comunícalle as posibles incidencias que tiveran lugar.

Ao finalizar cada curso, a Comisión Académica do Mestrado reunirase cos coordinadores de materia para analizar o transcurso do curso. Analizaranse os métodos empregados e os resultados acadados, valorarase a necesidade de realizar modificacións na organización académica, os sistemas de avaliación empregados, o profesorado do mestrado, etc. En base a esta información fixaranse os obxectivos para a seguinte edición do mestrado e as actividades a realizar que conformarán o plan de mellora.