Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Especialidades

Para que os egresados obteñan algunha das 3 especialidades ofertadas no título é necesario cursar un total 8 asignaturas de entre as que se inclúen en cada unha delas:


Especialidade en Ciencias Ambientais: Para a que se ofertan 16 asignaturas.
O perfil dos egresados desta especialidade é o dun profesional que desenvolva a súa actividade de I+D+i no campo ambiental, e que poida contribuír ao proceso produtivo agroalimentario optimizando o aprovechamiento das potencialidades de Galicia en relación ás materias primas para a industria agroalimentaria baixo a premisa da sustentabilidad ambiental. Prestará especial atención aos procesos de degradación e perda de biodiversidade nos medios edáficos, hídricos e bióticos e ao deterioro dos hábitats asociados.

Especialidade en Ciencias Agrarias e Alimentarias: na que se ofertan 17 asignaturas.
O perfil dos egresados nesta especialidade é o dun profesional que desenvolva a súa actividade de I+D+i no campo das ciencias agrarias e alimentarias para dar apoio ao desenvolvemento do sector da produción ecolóxica e sostenible mediante a investigación de novas estratexias e procedementos que garantan a produción agroalimentaria, a calidade, seguridade alimentaria e o desenvolvemento do binomio alimentación-saúde.

Especialidade en Procesos na Industria agroalimentaria: onde se ofertan 17 asignaturas.
O perfil do egresado na especialidade é o dun investigador que desenvolva a súa actividade de I+D+i nos últimos avances en procesado industrial ou a biotecnología, pasando pola calidade e a seguridade alimentaria para o desenvolvemento e implementación de novas tecnoloxía na industria agroalimentaria, así como o desenvolvemento de novos produtos e/ou a valorización dos que actualmente existen no mercado.


O alumno tamén pode realizar o Mestrado en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental sen especialidade, para o que debe completar 8 asignaturas optativas a elixir de entre as 36 de toda a oferta de materias optativas do mestrado.