Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Obxectivos

O principal obxectivo do título é a formación de especialistas para o desenvolvemento de investigación e o asesoramento técnico, tanto en Organismos Públicos como en Empresas, en temas relativos ao sector ambiental, sistema tecnolóxico alimentario, ao control de calidade e seguridade alimentaria, e aos factores que inciden directamente tanto na saúde e calidade de vida dos cidadáns como na estrutura produtiva e socio-económica de Galicia.


Por outra banda, o mestrado debe garantir a formación avanzada nos seguintes pilares básicos:

  • Investigación e desenvolvemento de técnicas que nos permitan un correcto manexo e conservación do medio ambiente e dos recursos naturais que son fonte das materias primas.
  • Investigación e desenvolvemento de novos procesos e estratexias na produción, elaboración e conservación de alimentos.
  • Investigación e desenvolvemento de novas estratexias e procedementos que garantan a calidade e seguridade alimentarias.
  • Investigación e desenvolvemento no binomio alimentación-saúde.