Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Recursos materiais e servizos

Dispoñibilidade e adecuación dos recursos materiais e servizos


 A Facultade de Ciencias dispón no Edificio Politécnico do Campus das Lagoas de Ourense dun total de 14 aulas para docencia presencial, 2 destas aulas teñen unha capacidade de 140 alumnos (70 en posición de exame) e 12 delas teñen unha capacidade de 54 alumnos. Todas as aulas contan con cobertura wifi, o que permite ao alumnado a acceder a recursos online dispostos nas ferramentas de docencia dos que dispón a Universidade de Vigo, así como de sistemas de proxección multimedia. Ademais, a Facultade de Ciencias dispón de 2 Aulas de Informática, de 24 posicións cada unha delas, onde se imparte a docencia que require un soporte informático específico. Ditas aulas fóra dos periodos docentes atópanse en réxime de libre acceso, facilitando ao alumnado o uso dos recursos correspondentes. Ademais da infraestructura informática, ditas aulas dispoñen tamén de sistemas de proxección multimedia das mesmas características que as Aulas para docencia presencial.

A Facultade de Ciencias dispón, ademais, no Edificio Politécnico do Campus das Lagoas de Ourense dun total de 10 laboratorios docentes para docencia práctica, con capacidades comprendidas entre os 12 e os 24 alumnos. Estes laboratorios dispoñen das infraestructuras necesarias para impartir a docencia de laboratorio recollida na presente memoria. Ademais existen outros 10 laboratorios de investigación das áreas de coñecemento implicadas equipados coas seguintes infraestructuras:

  • HPLC.
  • Cromatógrafo de gases.
  • Muestradores de calidade biolóxica ambiental.
  • Difracción de luz por laser.
  • Espectofotómetros.
  • Espectofluorímetros.
  • IR.
  • Viscosímetros/Reómetros.
  • Tensiómetros.
  • Balanzas Langmuir.
  • Microscopios.
  • Microscopios de ángulo Brewster.
  • Reactores de alta presión.
  • Fermentadores.

A Facultade de Ciencias dispón ademais dun invernadero e dunha leira de prácticas no Campus Universitario que permitiría a impartición da docencia específica das asignaturas da Especialidade de Ciencias Agrarias e Alimentarias.

A Universidade de Vigo dispón tamén dunha Planta Piloto no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI), sito no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense) de 800 m2. Dita planta ten un carácter mixto docente e investigador e dispón do seguinte equipamiento e infraestructuras a escala piloto que permitiría impartir a docencia específica das asignaturas da Especialidade de Procesos na Industria Alimentaria:

  • Equipo multi-tecnoloxía de procesamiento con membranas.
  • Extractor de CO2 supercrítico.
  • Unidade de purificación de biomoléculas.
  • Equipo de fermentación de cubas múltiples.
  • Equipo de fermentación de 50 litros con xerador de vapor.
  • Reactor de alta presión.
  • Equipo de Altas Presións Hidrostáticas (HPP).
  • Clarificadora centrífuga.

No momento actual, a Universidade de Vigo ten asinado un convenio marco de colaboración coa fundación Centro Tecnolóxico da Carne e da Calidade Alimentaria, sito no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense), que dispón dunha Planta Piloto para a elaboración de produtos alimentarios.

Adicionalmente o alumno poderá facer uso da Biblioteca Central da Universidade de Vigo.