Interese académico, científico e profesional

O mestrado pretende proporcionar a base para a formación de investigadores que desenvolvan a súa actividade de I+D+i nos diversos eslabones da cadea alimentaria, desde o correcto manexo e conservación dos recursos naturais e o medio ambiente (fonte das materias primas) aos últimos avances en procesado ou biotecnoloxía, pasando pola calidade e a seguridade alimentaria, garantindo unha formación integral e multidisciplinar que permita aos egresados desenvolver e implementar novas tecnoloxía no sector agroalimentario, así como o desenvolvemento de novos produtos e/ou a valorización dos que actualmente existen no mercado.

A necesidade social de investigadores nos ámbitos ambiental e agroalimentario faise evidente cando se analiza a forma de vida da sociedade actual. En efecto, por unha banda se demandan alimentos variados, cómodos e de longa vida útil, sen descoidar o seu aspecto placentero e as tradicións culturais.

 

Referentes externos á universidade

Consultas externas: realizáronse fundamentalmente a través da OFOE (oficina de orientación ao emprego) da Universidade de Vigo. Este servizo actúa como vínculo de contacto entre os centros e os licenciados das distintas titulacións. Ademais proporciona unha conexión entre as empresas e os centros que permitiu coñecer as necesidades e demandas concretas a nivel local e rexional do sector no que o estudante vai desenvolver a súa actividade profesional, a fin de adaptar no posible os plans de estudo ás necesidades sanitarias, sociais e empresariais da súa contorna.